2 Ene 2006

Crise da economía social

Crise da economía social

Galicia rexistra o número de cooperativas máis baixo dos últimos 30 anos. Segundo publica hoxe Diario de Pontevedra na súa edición impresa, estas sociedades descenderon un 13% durante o pasado 2005.

A comunidade galega conta agora con 1.077 sociedades cooperativas, que facturan 4.500 millóns de euros e xeran 22.500 postos de traballo (o 2% do emprego de Galicia).

Os resultados falan dunha crise histórica na economía social galega, que haberá de enfrontar o Plan Estratéxico para o Cooperativismo (ver Programa de Actuacións 2005-2006).

Leave a Reply