Cheira a chapapote
Co gallo do Prestige, voltamos a comprobar que os polÃticos andan ao seu e os cidadáns ao noso. Mil dÃas despois daquela desfeita, volven agora coa liorta das responsabilidades polÃticas, resucitando unhas grabacións que nada achegan nin á opinión pública nin ás autoridades xudiciais.
Despois de todo, ¿non decidimos xa nas eleccións? ¿Quén está agora no goberno y quén na oposición? Pois, entón, que cada quen asuma a súas responsabilidades polÃticas: as do presente, que boa falla nos fai.
Abonda con lembrar o último manifesto de Nunca Máis: “13 de novembro. Xa van alá tres anos. Estamos preparados para o seguinte, para outro Prestige? Máis de 13.000 barcos con mercadorÃas perigosas pasan anualmente fronte ás nosas costas. Unha boa parte deles en condicións para a navegación ben parecidas ás do Prestige. Estamos preparados para o seguinte? É clamorosa a falta de actuacións e de medidas que diminúan ese risco. Os medios con que contamos, despois de máis de mil dÃas, dificilmente serÃan eficaces para paliar unha marea negra ou para actuar dilixentemente no caso dun sinistro similar. Estamos preparados para o seguinte? Estámolo? Non estamos, non”





Diciembre 22nd, 2005 at 08:25:26
O problema do Prestige foi a súa radicalización, por unha parte e por outra. Uns diciendo que non pasara nada e que todo tiña solución, e outros repetindo a mesma historia da culpabilidade sen parar. Os primeiros tiveron culpa, moita, os segundos ten agora a culpa de que o problema do Prestige só sirva para lembrar que as praias foron negras. Non vexo a ninguen falando das navieras con base en Bahamas nin das condicións dos mariñeiros ou dos mesmos barcos. Só vexo como repiten, cada un, a mesma historia.