A excepción Verdegaia
Verdegaia está amosando independencia de criterio na súa postura fronte aos incendios forestais que asoballan Galicia. A excepción que confirma a regra.
A asociación ecoloxista, formada por membros de Adega fartos das inxerencias do BNG, está a facer boa a súa misión fundacional cunha actitude crÃtica fronte ao poder (sexa quen sexa).
Deste xeito se entende a súa análise Dez preguntas básicas sobre os incendios forestais en Galicia publicada en Vieiros [vÃa], onde desminte a mensaxe oficial coreada polos voceiros sociais do goberno bipartito.
¿É serio falar dunha organización incendiaria?
O Goberno bipartito está a reaccionar como o facÃa o Goberno do PP. Ao se ver superado o dispositivo de extinción e os incendios ocuparen o primeiro plano da actualidade, axiña ouvimos falar de “nova tipoloxÃa de incendiarios”, “organizacións incendiarias”, “trama organizada”.
Tampouco é novidoso que se lancen, desde o propio Goberno ou desde o seu entorno, acusacións ou insinuacións de motivacións polÃticas como causa dunha parte importante dos incendios.
Os que antes, desde a oposición, perante unha vaga de lumes, facÃan fincapé nas responsabilidades polÃticas do Goberno, propugnaban un pacto social e polÃtico e reclamaban comparecencias parlamentarias urxentes, agora teiman en reducir o problema dos lumes a un asunto de orde pública.
Pola contra, os que daquela estaban no Goberno, antes facÃan o mesmo que fai agora o actual Goberno e agora fan exactamente o contrario. O mesmo se pode aplicar a algúns creadores de opinión e a algunhas organizacións sociais afÃns ás principais forzas polÃticas galegas.
O certo é que até hoxe as investigacións da Policia Autonómica e da Garda Civil non demostraron a existencia de ningunha organización incendiaria. Malia as carencias en investigación, semella incrÃbel que unha “organización” non deixase máis rastro logo de tantos anos de lumes que uns poucos artefactos incendiarios, extremadamente rudimentarios, e que ningún dos seus “axentes” fose detido e/ou identificado. Ademais, a realidade desminte a “teorÃa da conspiración”, pois todos os detidos e/ou denunciados son veciños do lugar ou das súas proximidades.
¿É tan novidosa a vaga de incendios que sofre Galicia?
Non. “Todos anos, tanto na primavera como no verán, hai varias semanas nas que se rexistra unha media de máis de 500 lumes. Non son tan excepcionais os dÃas nos que hai 100-200 lumes”.
Sen embargo, “esta vaga de lumes está a ser máis visÃbel que outras acontecidas no pasado” por tres motivos:
1- Existencia de vÃtimas mortais.
2- Sucede en agosto e afecta a zonas do paÃs densamente poboadas.
3- Moita presenza nos medios de comunicación, favorecida pola maior transparencia e o menor control dos medios do Goberno bipartito.
¿Cales son as causas estruturais dos incendios?
“O abandono do medio rural, a falta de ordenamento e xestión sustentábel da inmensa maiorÃa da superficie de monte, a elevada combustibilidade das plantacións forestais de piñeiros e eucaliptos, xunto coa cultura do lume que pervive no medio rural”.
¿E as causas inmediatas?Múltiples e descoñecidas na maiorÃa dos casos, aÃnda que sexan intencionados, pois existen “importantes insuficiencias en materia de investigación”.
Non obstante, “as dúas causas máis importantes coñecidas dos incendios intencionados a nivel do conxunto de Galicia son, con diferenza, as queimas agrÃcolas e as queimas coa finalidade de crear pastos para o gando mostrengo que vive en zonas de montaña”.
¿Mudou a polÃtica de loita contra os incendios?A resposta é non. O problema dos lumes é un problema moi difÃcil e complexo. A ningún Goberno se lle pode esixir que o resolva nin nun ano nin en catro. Mais si se lle debe esixir que aplique polÃticas que tendan a reducir o número de lumes e a súa incidencia.
Nada se sabe da mudanza do Plano Forestal. Nada se fixo para negociar un amplo pacto social e polÃtico en defensa dos montes e contra os incendios, tantas veces demandado por BNG e PSOE desde a oposición e anunciado por Pérez Touriño no verán pasado. O Consello Forestal (órgano consultivo para a participación social) herdado do Goberno anterior non foi reformado, só celebrou a reunión de constitución e non debateu o Plano INFOGA 2006.
A aposta pola prevención que fai o Plano INFOGA 2006 é moi inferior á que serÃa desexábel e á posÃbel se o monte fose unha prioridade orzamentaria. Por exemplo, as actuacións da ConsellerÃa do Medio Rural en silvicultura preventiva limÃtanse aos montes de xestión pública e abranguen 30.124 ha. Os convenios asinados pola ConsellerÃa para desbroces inciden sobre outras 14.000 ha. Temos 2 millóns de ha de monte e case 400.000 ha declaradas como de especial risco de incendios.
¿Hai que “limpar” o monte?
É preciso rozar máis mato para reducir o risco de incendios, mais non serÃa bo facelo de forma xeralizada. As rozas deben ser selectivas (non afectar a grandes extensións continuas) e centrarse nas áreas con maior risco de lumes.
¿É preciso gastar máis en prevención e menos en extinción?
É preciso investir máis en prevención, pero non menos en extinción. O esforzo en extinción debe manterse, polo menos durante os próximos anos, pois, de non ser asÃ, serÃa aÃnda moito maior a extensión de monte queimada cada ano. É preciso investir máis en prevención, mais non á custa da extinción.





Enero 1st, 2007 at 22:23:22
A causalidade é antrópica en máis do 98% dos casos.Coido que é máis preciso falar de motivacións:están inventariadas máis de 50.
Existen: neglixentes, imprudentes, incendiarios, e pirómanos.
35 anos de experiencia neste desgraciado asunto permÃtenme afirmar que
Verdegaia está no bo camiño.
Noraboa.
Enero 4th, 2007 at 00:30:16
¿Cal é o arcano que fai imposible o desenvolvemento de proxectos plausibles de aproveitamento enerxético da fitomasa a escala galega? ¿Son parámetros económicos ou doutra natureza?
Enero 4th, 2007 at 00:39:56
¿Ten algunha relación cos lumes forestais a afectación de masas de eucalipto por Gonipterus scutellatus?.
Enero 4th, 2007 at 00:46:55
¿De que serve ter os montes arborados ordenados e con certificación forestal, mentres haxa periodos de acción incendiaria como a de 2006?.
Enero 4th, 2007 at 00:52:04
¿Cando se vai rematar coa ilegalidade do gando mostreco, vencellado en algunhas zonas co problema do lume?. ¿E co gando legal que invade fincas e montes veciñais?.
Enero 4th, 2007 at 00:56:46
¿Canta superficie se pode desbrozar ó ano ?. ¿Porque non se di nada sobre as dificultades loxÃsticas e o monto económico?.
Enero 4th, 2007 at 01:24:05
¿Cal serÃa osistema para rachar co binomio lume- pastoreo en amplas zonas das serras de Ourense , da Montaña de Lugo , e mesmo en serras de Coruña e Pontevedra?.¿É posible un sistema , sendo como é( non en tódolos casos) un costume ancestral ou alomenos inmemorial?.
Enero 4th, 2007 at 09:45:11
¿ Cantos quintais de estudios e plans forestais fican nas estanterias sen posible aplicación á realidade multifactorial do sector forestal galego?.
Enero 4th, 2007 at 09:56:47
¿ É razoable propoñer como solución ” máxica” dos lumes , case unica, o desbroce ( ” limpeza” en nefasto termo coloquial ) de matogueira e outros labores selvicolas ?.
Octubre 23rd, 2007 at 08:22:47
verdegaia esta na mesma liña politica que a que amosa o PP, verdegaia esta co Pp.